O Serán d’aquí ponse en marcha!!!

Despois dun tempiño matinando a idea de organizar algo no barrio que nos acolle, e unha vez reunidos co Concello da Coruña, que se ofreceu a colaborar e apoiar o evento, podemos anunciarvos a celebración o sábado 27 de xuño do “Serán d’aquí” na Praza dos Avós, no Barrio de Montealto, non moi lonxe de

A nosa primeira actuación.

O pasado día 2 de abril, Xoves Santo, Son d’aquí participou a través da súa charanga tradicional na Sesión Vermú do Serán do Sor no Barqueiro, nunha actuación moi especial para todos. Para a historia da asociación quedan “O Galo d’Ouro” como a primeira peza que se tocou, no pasarrúas previo, e “Paseando por Cecebre”

Son d’aquí no Serán do Sor.

O vindeiro Xoves Santo, 2 de abril, Son d’aquí participará no Serán do Sor que se celebra no Barqueiro (A Coruña). Á parte do pracer que sempre é achegarse ao Barqueiro, esta actuación é moi importante para nós ao ser a primeira na breve historia da nosa asociación. A charanga tradicional é un dos grupos

Nova Escola de Clarinete!!!

Na nosa idea de seguir avanzando e ofrecendo máis oportunidades de formación en diversos instrumentos, vimos de poñer unha clase de clarinete a cargo de Fernando Román, membro, entroutros moitos grupos, de Tiruleque. Aproveitamos esta circunstancia para lembrarvos todas as clases que temos ao voso dispor. Agardámosvos!!!

“Habemus” local !!!

Pasiño a pasiño, con moito traballo, ganas e ilusión seguimos a construír “Son d’aquí”. Hoxe aprácenos anunciarvos que xa temos un local para a sede da asociación que nos vai permitir ampliar as nosas actividades e o público ao que van dirixidas. Despois duns días preparándoo e acondicionándoo minimamente xa está disposto para encomezar a

Son d’aquí xa é .gal !!!

Como xa vos decatariades, a partir de onte, trocamos a extensión da web de Son d’aquí polo .gal . Este dominio, aberto ao rexistro libre dende o 2 de decembro do 2014, forma parte do sistema de dominios da internet patrocinados e é específico para páxinas relacionadas coa lingua e cultura galegas. Conscientes da importancia de facer

Cartel Asamblea

Asamblea Xeral Son d’aquí

Xa está convocada a primeira asamblea ordinaria da nosa asociación para o venres 16 de xaneiro ás 21:00 horas no local social da AA.VV. das Atochas-Monte Alto, que moi amablemente nos cederon para a ocasión. Consultade os vosos correos electrónicos, onde atoparedes a convocatoria oficial así como as copias da documentación que se tratará na

Nace unha nova Escola d’aquí!

Continuando coa nosa idea de gozar do legado tradicional da nosa terra e difundilo ao mundo, o vindeiro luns 10 de novembro principiará a Escola de Pandeireta. As clases serán impartidas por Elba Rodríguez Pena, unha das nosas experimentadas pandeireteiras, todos os luns, nas Escolas da Guarda en horario de 20 a 21 horas. Paseniño,