Nace unha nova Escola d’aquí!

Continuando coa nosa idea de gozar do legado tradicional da nosa terra e difundilo ao mundo, o vindeiro luns 10 de novembro principiará a Escola de Pandeireta. As clases serán impartidas por Elba Rodríguez Pena, unha das nosas experimentadas pandeireteiras, todos os luns, nas Escolas da Guarda en horario de 20 a 21 horas.

Paseniño, pero seguras, as Escolas d’Aquí van medrando e ampliando a súa oferta abranguendo máis eidos do folclore galego. Se vos queredes inscribir a algunha das actividades, non tedes máis que enviarnos un correo electrónico a info@sondaqui.org

A xeito de resumo, velaquí vos deixamos unha táboa con todas as nosas Escolas.

Agardamos vervos nalgunha!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *