Queres inscribirte a algún obradoiro este verán?
Máis información e inscricións na seguinte ligazón: https://forms.gle/76fXmkUe8SLN1mbM8
Que son os obradoiros?
Ademais da nosa oferta anual de escolas (baile, pandeireta, gaita, percusión…), organizamos con regularidade obradoiros específicos que enriquecen e complementan a formación ao longo do ano. Trátase de propostas puntuais, con prazas limitadas, centradas en contidos concretos como a construción de instrumentos (pandeiro, por exemplo), o uso doutros instrumentos tradicionais (latas, sachos…), bailes ou toques de zonas concretas, técnica vocal, entre outros.








