Son d’aquí xa é .gal !!!

Como xa vos decatariades, a partir de onte, trocamos a extensión da web de Son d’aquí polo .gal . Este dominio, aberto ao rexistro libre dende o 2 de decembro do 2014, forma parte do sistema de dominios da internet patrocinados e é específico para páxinas relacionadas coa lingua e cultura galegas. Conscientes da importancia de facer presente a cultura galega na rede, levar esta extensión foi un dos obxectivos desta agrupación case dende a súa fundación, e unha vez acadado, sentímonos fondamente honrados por sermos das primeiras asociacións en levalo no seu enderezo. Guiados por este espírito, seguiremos traballando por aumentar e mellorar a presenza de Son d’aquí e a cultura galega nas novas tecnoloxías.

puntogal_perfil

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *