Nova foliadiña de “Árdelloeixo”

O vindeiro sábado 9 de abril, a partir das 12.30, celebrarase unha foliadiña na rúa Barcelona dentro do programa “Árdelloeixo” do Concello da Coruña, do que Son d’aquí forma parte. Desta volta, os encargados de organizala somos nós e queremos encher a rúa Barcelona de música e baile tradicional. Por iso, collede os instrumentos, atade

Son d’aquí, de novo no Serán do Sor

Case un ano despois da nosa primeira actuación no Serán do Sor do ano 2015, os nosos amigos da A.C. “O Son do Sor”, volveron convidarnos ao Barqueiro para participarmos no serán deste ano, onde presentaban a súa nova “Orquestra de Gaitas de Fol e Percusión”.Coma sempre,  tratáronnos coma reis, unha gozada tocar no Barqueiro

O 12 de febreiro, asemblea da A.C. Son d’aquí.

Como xa saberedes os socios polo correo electrónico que vos enviamos, o vindeiro venres 12 de febreiro, ás 20.30 h, celebraremos a Asemblea Xeral Ordinaria da A.C. Son d’aquí no CEIP Sanjurjo de Carricarte no barrio de Montealto. Lembrámosvos unha vez máis o importante que é a participación de todos na asemblea, non só para

Son d’aquí na foliada do 26 de decembro na Coruña.

O vindeiro día 26 de decembro, no Campo da Leña na Coruña, organizarase unha gran foliada a partir das 20 horas, encadrada no proxecto “Ardelloeixo-Foliadas da Coruña” de promoción da música e o baile tradicional galegos do Concello da Coruña. Este proxecto parte das asociacións culturais Xacarandaina, Donaire e Son d’aquí que andamos a traballar

Obradoiro de Afinación e Tempero da Gaita

Como complemento á nosa oferta formativa relacionada coa música e o baile tradicionais galegos, o sábado 12 de decembro, pola mañá,  imos organizar un Obradoiro de Afinación e Tempero da Gaita, impartido polo gaiteiro e construtor de gaitas Antón Varela, compoñente d’Os Cempés, no que ademais de aprender, traballaremos o tempero da gaita coa axuda

Festa para socios e socias!

Festa de 1º aniversario de Son d’aquí!

SOCIOS E SOCIAS!!  ESTAMOS DE FESTA! O xoves 27 de agosto Son d’aquí cumpre un ano! Para celebralo, convidámosvos a todos os socios e socias a unha foliadiña con comida e bebida, pero sobre todo con música para que participedes tocando, bailando ou como queirades! Revisade os vosos correos electrónicos! Alí atoparedes toda a información.

Son d’aquí no Repichocón de Cariño

Metidos de cheo nas actuacións do verán, despois de pasar por lugares como Paderne, Sigüeiro ou A Coruña, o vindeiro sábado 8 de agosto, participaremos no Repichocón de Cariño organizado polos nosos amigos da A.F. San Xiao do Trebo. Foliada libre, baile, actuacións…Planazo!!!  😉 Agardamos vervos por alí e botar uns bailes todos xuntos.

Grazas por un serán inesquecible

Como ben puidestes ver moitos, o pasado sábado 27 de xuño, despois de moito traballiño e algunhas emocións e incertezas de última hora, celebramos o primeiro Serán d’aquí na Praza dos Avós en Monte Alto, A Coruña. En Son d’aquí estamos moi contentos de como se desenvolveu a festa e agardamos que vós o pasarades, polo