Obradoiro de Afinación e Tempero da Gaita

Como complemento á nosa oferta formativa relacionada coa música e o baile tradicionais galegos, o sábado 12 de decembro, pola mañá,  imos organizar un Obradoiro de Afinación e Tempero da Gaita, impartido polo gaiteiro e construtor de gaitas Antón Varela, compoñente d’Os Cempés, no que ademais de aprender, traballaremos o tempero da gaita coa axuda dun controlador de auga e aire que logo levaremos á casa.

O obradoiro impartirase no local de Son d’aquí, sito na R./ Valencia nº 4, no barrio de Monte Alto, na Coruña. Serán prazas limitadas asignadas por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia os socios de Son d’aquí. Os prezos son de 16 € para os socios de Son d’aquí e 20 € para os non socios.

É preciso que levedes a gaita.

Se estades interesados ou queredes máis información, enviade un correo electrónico a info@sondaqui.gal indicando no asunto “Obradoiro de afinación” .

Vémonos no obradoiro!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *