Grazas por un serán inesquecible

Como ben puidestes ver moitos, o pasado sábado 27 de xuño, despois de moito traballiño e algunhas emocións e incertezas de última hora, celebramos o primeiro Serán d’aquí na Praza dos Avós en Monte Alto, A Coruña. En Son d’aquí estamos moi contentos de como se desenvolveu a festa e agardamos que vós o pasarades, polo menos, a metade de ben ca nós. Dende aquí queremos agradecer a todas as institucións, empresas grupos, voluntarios e, en xeral, a todos os que participastes por terdes feito dese día unha xornada inesquecible. Moitísimas grazas a todos!!!

P.S : Deixádenos uns diíñas de descanso e iremos colgando fotos  😉

Cartel_seran_REDES

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *