ATENCIÓN!! PRAZAS ESGOTADAS PARA O 18 DE MARZO e TAMÉN PARA O 8 DE ABRIL!
O próximo sábado 18 de marzo celebraremos un obradoiro de técnica vocal aplicada ao canto tradicional como complemento á nosa oferta formativa relacionada coa música tradicional galega.
Impartido por Xela Conde Fernández, bailadora, pandereteira, música e mestra de grande traxectoria. Actualmente forma parte do equipo de mestres da ETRAD (escola municipal de música folk e tradicional), impartindo materias como Ritmos e xéneros do canto tradicional, Coro e canto tradicional, Linguaxe musical…
O obradoiro ten como destinatarias todas aquelas persoas que empreguen a súa voz para o canto e queiran mellorar, correxir ou conseguir máis recursos para a fonación.
Obxectivo
Aprender unha serie de recursos para corrixir determinados erros de fonación e para optimizar e mellorar a nosa forma de cantar.
Contidos
- Tonicidade e postura corporal
- A respiración e o apoio
- Organoloxía
- Vocalización e prequencemento. Preparándonos para cantar
- Proxección e calidades de voz
- Técnica e tesitura
- Desinhibición e expresión
- Ornamentación
- Exercicións vocais grupais
Xa está aberto o prazo de preinscrición. As inscricións realizaranse enviando un correo electrónico a secretaria@sondaqui.gal, indicando nome e apelidos, correo electrónico e número de teléfono. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición (tendo preferencia os socios e socias de Son d’aquí). Poñerémonos en contacto coas persoas que obteñan praza a través do mesmo correo.
Para máis información, escribide a secretaria@sondaqui.gal
Prezo para socios/as: 25 euros
Prezo para non socios/as: 35 euros.
ATENCIÓN!! PRAZAS ESGOTADAS PARA O 18 DE MARZO e TAMÉN PARA O 8 DE ABRIL!
Me gustaría ir al obradoiro pero tengo algo de reparo, no tengo mucha voz pero quisiera aprender.
Espero no ser mayor, por si va dirigido a gente joven.
Bo día Mar
As prazas para o 18 de marzo xa están agotadas. Non obstante, estamos vendo con Xela a posibilidade de repetilo outro día no mes de abril.
Non importa a túa idade! As técnicas que se van ver poden servir tanto para cantar como para o bo uso da voz máis aló do canto.
Unha aperta,