EscoliñasPercusion

A partir de 6 anos.

Durante o curso aprenderemos a recoñecer os ritmos básicos da música tradicional galega, así como a familiarizarnos coa familia de instrumentos que a compoñen. Todo isto mediante unha dinámica de xogos prácticos na que os nenos e nenas divertiranse ao mesmo tempo que aprenden.

Sempre que sexa posible, o alumnado deberá levar o seu propio material (baquetas…).

Percusión iniciación:

Para os que queren comezar coa percusión (tambor e bombo), deben inscribirse na actividade de Introdución á Música Tradicional (gaita, bombo, percusión). Ampliar información.

Percusión intermedio/perfeccionamento:

Horario: Venres. De 18:15 a 19 h. (en caso de inscribirse menos de 3-4 alumnos, a clase será de 30 min.)
Lugar: Local da Asociación. Rúa Santo Tomás nº 40 (Monte Alto).
Mestre: David Paz

Prezo mensual: 15 euros (socios/as*). Consulta os posibles descontos por 2ª e 3ª actividade. Non socios/as: 50 euros.
* A cota anual de socio/a xuvenil de Son d’aquí son 2 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

Curso 2025/26 – PREME e INSCRÍBETE AGORA!