A partir de 6 anos

As clases van dirixidas a alumnado que parte de cero ou que teñen un nivel de iniciación nalgún dos instrumentos: gaita, bombo ou tamboril.

Percusión tradicional
Aprenderán en primeiro lugar os ritmos básicos do bombo para ir avanzando e introducíndose, xa no tambor, nos ritmos máis representativos da música do folclore galego.

Gaita galega
Empezarase coa aprendizaxe da dixitación en frauta, aprenderán a interpretar pezas sinxelas e coñecerán a fondo o instrumento (partes da gaita, a súa función,…).

Ao longo do curso irase introducindo aspectos básicos de linguaxe musical.

Horario: Venres de 17:15 a 18:15
Lugar:Local da asociación. Rúa Santo Tomás 40. 
Mestra:
Prezo mensual:
15 euros (socios/as*). Consulta os posibles descontos por 2ª e 3ª actividade. Non socios/as: 50 euros.
* A cota anual de socio/a xuvenil de Son d’aquí son 2 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

Curso 2025/26 – PREME e INSCRÍBETE AGORA!