Obradoiro de pandeiro cadrado

Construción de pandeiro cadrado (obradoiro)

Descrición do obradoiro

O próximo domingo 27 de maio organizamos un obradoiro de construción de pandeiro cadrado como complemento á nosa oferta formativa relacionada coa música tradicional galega.
A través deste obradoiro coñeceremos e aplicaremos as técnicas básicas para a construción dun pandeiro tradicional de pel cosida a man. O alumnado levarase ao remate do curso o instrumento elaborado. Será impartido por Xosé Maceda, artesán de instrumentos tradicionais que leva impartido numerosos obradoiros, cursos e monográficos por moitos puntos da xeografía galega.

O obradoiro durará sobre 4 horas.

Materiais precisos

Nada. Todo o material e ferramentas necesarias estarán a cargo da persoa que imparte o obradoiro.

Lugar de celebración

Local da asociación, rúa Valencia 4 (Monte Alto), 15002 A Coruña.

Quendas

Realizaremos dúas quendas a elixir en función das prazas dispoñibles. Cada unha das quendas ten prazas limitadas, tendo preferencia as persoas socias de Son d’aquí:

  • Quenda de mañá:  Domingo 27 de maio. De 10 h. a 14 h.
  • Quenda de tarde: Domingo 27 de maio. De 16:30 a 20:30.

IMPORTANTE! Só quedan 3 prazas na quenda da tarde (actualizado a mércores 22 de maio)

Prezo (para pandeiro cadrado de 35 cm)

Persoas socias – 55 euros

Persoas non socias – 63 euros

Para elaborar un pandeiro de 38 cm, increméntase o prezo en 5 euros e será necesario avisalo no momento da inscrición.

Inscrición

Xa está aberto o prazo de inscrición. As inscricións realizaranse enviando un correo electrónico a secretaria@sondaqui.gal, indicando nome e apelidos, correo electrónico, número de teléfono, quenda na que queres asistir e medida do pandeiro que queres construir.

As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición (tendo preferencia os socios e socias de Son d’aquí). Poñerémonos en contacto coas persoas que obteñan praza a través do mesmo correo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *