12339334_456530587863886_6655601965582673078_o

Son d’aquí na foliada do 26 de decembro na Coruña.

O vindeiro día 26 de decembro, no Campo da Leña na Coruña, organizarase unha gran foliada a partir das 20 horas, encadrada no proxecto “Ardelloeixo-Foliadas da Coruña” de promoción da música e o baile tradicional galegos do Concello da Coruña.

Este proxecto parte das asociacións culturais Xacarandaina, Donaire e Son d’aquí que andamos a traballar conxuntamente na organización de todo o programa de actividades. Queremos ensinar a gozar do noso propio patrimonio cultural achegándoo especialmente aos máis novos, que son os que están máis lonxe desta realidade, ofrecéndolles unha alternativa de lecer que xunta cultura, exercicio ao aire libre e socialización. A idea é dar visibilidade á nosa cultura e facer da Coruña un referente no apoio e difusión do baile e música tradicionais galegos, coa finalidade de normalizar o noso folclore entre toda a cidadanía, amosando o atractivo da nosa tradición dun xeito lúdico e festivo.

A foliada do 26 de decembro, será o punto de inicio dunha programación continua que xere un interese progresivo en toda a cidade, pretendendo involucrar á cidadanía e ás asociacións culturais, dándolles a opción de participaren nun ano cheo de música e baile na Coruña.

Daquela, xa sabedes: O 26 de decembro a partir das 20 horas, vémonos no Campo da Leña na Coruña!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *