A partir de 10 anos.

As clases adaptaranse ao nivel de cada persoa. Non tes todavía zanfona? Temos un par de zanfonas para prestar e compartir durante as clases entre aqueles participantes que non teñen instrumento.

Horario: Mércores. 

  • Iniciación – De 18:30 a 19:30
  • Perfeccionamento – De 19:30 a 20:30 

Lugar: CEIP Eusebio da Guarda (Pza Pontevedra)
Mestre: Pablo Caamiña (as primeiras semanas será sustituído por Martín)
Prezo mensual: 40 euros (socios/as*). Non socios/as: 75 euros.
* A cota anual de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

Curso 2026/27 – PREME e INSCRÍBETE AGORA!

PRAZAS LIMITADAS!