Entre 3 e 5 anos
Actividade anual baseada en xogos que permitirá aos máis cativos desenvolver as súas capacidades motrices e musicais. A idea é establecer unhas bases de comprensión, coordinación física e interacción coa música que facilite tanto o seu desenvolvemento motriz como o desfrute da música e da cultura tradicional. Perséguese que acaden as habilidades precisas para continuar aprendendo disciplinas como baile, música ou percusión. O uso dun ambiente lúdico axuda aos nenos e nenas a asimilar de xeito natural os seus recursos corporais.
Duración: 45 minutos.
Horario: Mércores de 18:00 a 18:45
Lugar: Local da Asociación. (Monte Alto).
Mestra: Manuela Varela
Prezo mensual: 15 euros (socios/as*). Consulta os posibles descontos por 2ª e 3ª actividade. Non socios/as: 50 euros.
* A cota anual de socio/a xuvenil de Son d’aquí son 2 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).
Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.
Curso 2025/26 – PREME e INSCRÍBETE AGORA!








