
Dita actividade vai dirixida tanto a persoas que se inician como aquelas con coñecementos na interpretación dos ritmos básicos da música tradicional galega (Muiñeira, Xota, Pasodoble e Rumba).
A actividade está dirixida á aprendizaxe destes ritmos con tambor tradicional e bombo, facendo fincapé no tempo, intensidade…
Horario: Xoves. Grupos de 1 hora de duración. Os agrupamentos serán determinados a criterio do mestre:
- 18:30 a 19:30 – Primeiro agrupamento.
- 19:00 a 20:00 – Segundo agrupamento.
- 19:30 a 20:30 – Terceiro agrupamento.
Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.
Lugar: CEIP Eusebio da Guarda (Praza de Pontevedra)
Mestre: David Paz
Prezo mensual: 15 euros (socios/as*). Consulta os posibles descontos por 2ª e 3ª actividade. Non socios/as: 50 euros.
* A cota anual de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).
Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.
Curso 2026/27 – PREME e INSCRÍBETE AGORA!







