Pandeireta

Pandeireta Luns (Iniciación / intermedio).

Actividade dirixida a persoas que comezades de cero coa pandeireta ou levades pouco tempo. Ao longo do curso aprenderedes os ritmos básicos de muiñeira, xota, maneo e pasodobre e dos seus adornos elementais, así como acompañar coa voz ao tempo que tocades pezas sinxelas.

IMPORTANTE: En función do número de persoas inscritas, probablemente faranse dous grupos a criterio dos mestres. Os grupos impartiranse simultáneamente, un no local da Rúa Valencia e o outro no da Rúa Santo Tomás. 

Horario:  Luns de 20:00 a 21:30. H
Lugar: Local da asociación, Rúa Santo Tomás 40. e Local da rúa Valencia 1 (no caso de haber dous grupos simultáneos).
Mestre: Marta Barbeito / Tito Iglesias
Prezo mensual: 15 euros (socios/as*). Consulta os posibles descontos por 2ª e 3ª actividade. Non socios/as: 50 euros.
* A cota anual de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

Curso 2026/27 – PREME e INSCRÍBETE AGORA!

Pandeireta Martes (precísanse coñecementos previos)

Actividade dirixida a persoas cun nivel intermedio ou de perfeccionamento que xa tiveron algún contacto coa pandeireta.

Horario: Martes de 20:00 a 21:30.
Lugar: Local da Asociación. Rúa Santo Tomás nº 40 (Monte Alto)
Mestre: Tito Iglesias
Prezo mensual: 15 euros (socios/as*). Consulta os posibles descontos por 2ª e 3ª actividade. Non socios/as: 50 euros.
* A cota anual de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

Curso 2026/27 – PREME e INSCRÍBETE AGORA!

Pandeireta Xoves (precísanse coñecementos previos)

Esta actividade está orientada a persoas iniciadas no manexo básico da pandeireta e coñecedores dos ritmos máis comúns na música tradicional (muiñeira, xota/maneo, pasodobre). Nesta actividade, aprenderedes novos ritmos (valse, rumba…), pezas cantadas con ornamentos complexos, a acompañar á gaita coa pandeireta e, fundamentalmente, a adquisición das capacidades necesarias para participar activamente en foliadas, seráns, etc. Todo isto nun ambiente distendido e procurando como obxectivo básico o desfrute do alumnado.

Horario: Os xoves de 20:00 a 21:30. 
Lugar: Local da Asociación. Rúa Santo Tomás nº 40 (Monte Alto)
Mestra: Elba Rodríguez