A partir de 7/8 anos.

Os rapaces e rapazas aprenderán os bailes tradicionais máis coñecidos (muiñeira e xota fundamentalmente). Todo enmarcado nun entorno lúdico e de desfrute do baile e da música tradicional.

INICIACIÓN (para +7 anos) – Martes
Horario
: De 18:15 a 19:00
Lugar: Rúa Valencia nº1 (Monte Alto)
Mestre: Ricardo Pampín.

PERFECCIONAMENTO (para +7 anos) – Mércores
Este grupo vai dirixido a nenas e nenos de máis de 7 anos que teñan experiencia bailando, collan ben os puntos e queiran aprender outros puntos de maior complexidade.
Horario:
De 19 a 19:45
Lugar:
Rúa Valencia nº 1 (Monte Alto)
Mestra:  Cris Pérez.

* As mestras poderán determinar, en función das capacidades, ritmo de aprendizaxe e experiencia previa, cal é o grupo que mellor se axusta a cada nena/o.

Prezo mensual: 15 euros (socios/as*). Consulta os posibles descontos por 2ª e 3ª actividade. Non socios/as: 50 euros.
* A cota anual de socio/a xuvenil de Son d’aquí son 2 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións durante o curso en función das necesidades do grupo

Curso 2026/27 – PREME e INSCRÍBETE AGORA!