Formulario de inscrición (aínda quedan prazas!)
Información xeral
O campamento Son d’aquí ten como carácter distintivo estar enmarcado e organizado por unha asociación cultural na que o fomento, conservación e divulgación da cultura tradicional galega, en calquera das súas manifestacións, é un dos seus principais fins.
Perseguimos ofrecer unha experiencia lúdica e pedagóxica na que os nenos e nenas gocen do seu tempo de lecer, xunto con outros compañeiros e compañeiras, ao tempo que aprenden xogando con elementos relacionados coas diferentes artes da cultura galega.
A través do fío conductor que levará cada sesión do campamento, os rapaces e rapazas terán a oportunidade de crear novas amizades ao tempo no que aprenden valores tan importantes como compañeirismo, xenerosidade, respecto polos demais…
Vai dirixido a nenos e nenas a partir de 5 anos.
A dirección do campamento corre a cargo de Manuela Varela, actriz de televisión e teatro, e mestra das actividades de Xogo teatral e o Grupo de teatro Amador en Son d’aquí. Contará coa colaboración de Paula Espada, compoñente do grupo artístico de Son d’aquí.
Duración do campamento
O campamento desenvolverase de luns a venres e de 10 a 14 h. Comprenderá do luns 28 de xuño ao venres 3 de setembro de 2021 (10 semanas). Existe a posibilidade de inscribirse de forma mensual ou semanal (ver apartado de “Opcións de inscrición”).
Así mesmo, existe a posibilidade de servizo madrugadores (de 9 a 10 h).
Actividades
Ao longo das semanas de campamento, os nenos e nenas vivenciarán actividades de diversa índole:
- Actividades de debuxo e pintura, a través das cales coñecerán a diferentes pintores galegos.
- A música, cancións e contos da nosa terra terán unha presencia fundamental tanto en momentos lúdicos como de relaxación ou de concentración.
- Práctica de xogos tradicionais e populares.
- Actividades para potenciar a creatividade, desenvolver as capacidades sociais, axudar ao control dos sentimentos e despregar estratexias de negociación, empatía e axuda mutua.
- Farase unha achega aos ritmos, sons e bailes tradicionais galegos, contido fundamental das escoliñas d’aquí, que tanto éxito teñen entre nenos e nenas.
- A través do xogo dramático, crearanse personaxes e gozarán coa súa posta en escena, incluíndo música e danza.
- Os xogos a través de ioga e outras actividades de respiración e relaxación que axudarán a activar a concentración, estimular a creatividade, fortalecer músculos e potenciar a flexibilidade.
- E moito máis!
Sempre que o tempo o permita, os xogos serán ao aire libre nalgunha das prazas situadas ao lado do local da asociación.
Material necesario
Os nenos e nenas participantes do campamento deberán levar cada día o seguinte material:
- Mascarilla.
- Roupa e calzado cómodo que lle permita correr, saltar e xogar (tamén na rúa).
- Un par de calcetíns cómodos para poder descalzarse.
- Unha toalla (para tumbarse sobre ela).
- Un botellín de auga identificado co nome do neno/a.
- Merenda para media mañá, nun recipiente ou bolsa marcada co nome do neno/a.
Opcións de inscrición e prazas
Existe tres alternativas de inscrición:
1º. Campamento íntegro: Abranguerá a totalidade de duración do campamento, en total 10 semanas de duración.
2º. Inscrición mensual: Os períodos serán os seguintes:
- Mes de Xullo: Do luns 28 de xuño ao venres 30 de xullo. De 10 a 14 h. (5 semanas).
- Mes de Agosto: Do luns 2 de agosto ao venres 3 de setembro. De 10 a 14 h. (5 semanas)
3º. Campamento por semanas: Pódese inscribir en semanas consecutivas ou alternativas. As posibilidades son as seguintes:
- Semana 1: Do 28 de xuño ao 2 de xullo. De 10 a 14 h.
- Semana 2: Do 5 ao 9 de xullo. De 10 a 14 h.
- Semana 3: Do 12 ao 16 de xullo. De 10 a 14 h.
- Semana 4: Do 19 ao 23 de xullo. De 10 a 14 h.
- Semana 5: Do 26 ao 30 de xullo. De 10 a 14 h.
- Semana 6: Do 2 ao 6 de agosto. De 10 a 14 h.
- Semana 7: Do 9 ao 13 de agosto. De 10 a 14 h.
- Semana 8: Do 16 ao 20 de agosto. De 10 a 14 h.
- Semana 9: Do 23 ao 27 de agosto. De 10 a 14 h.
- Semana 10: Do 30 agosto ao 3 de setembro. De 10 a 14 h.
O campamento terá prazas limitadas. Terán preferencia os/as nenos/as socios/as e aqueles/as que se inscriban no campamento enteiro ou no mensual (por esta orde de prioridade).
Custo e descontos
A continuación tedes os prezos en función da opción de inscrición e os descontos para nenos e nenas socias da asociación:
No caso de irmáns que coincidan temporalmente no campamento, un deles terá un desconto de 5 euros por semana na que se inscriba.
Forma de pago
A través de ingreso ou transferencia ao número de conta que se facilitará de obter praza.
Medidas de seguridade COVID-19
A continuación tedes as medidas de seguridade COVID19 que se tomarán cada día:
- Control de temperatura á chegada (deberá ser inferior a 37º).
- Sinatura diaria dunha declaración xurada de non ter ningún síntoma relacionado co COVID-19 nin contacto con outra persoa infectada.
- Uso de hidroxel á chegada e nos momentos no que se estime necesario.
- Máscara obrigatoria, excepto cando se poida manter a distancia de seguridade.
- Lavado de mans cada 2 h ou nos momentos necesarios.
- Distancia de seguridade durante a merenda.
- Limpeza e desinfección do material utilizado.
Inscrición e documentación a achegar
Para inscribirse, é necesario cumplimentar o seguinte formulario: Inscrición.
Posteriormente nos poñeremos en contacto convosco por correo indicándovos a documentación a entregar e os pasos para formalizar a matrícula.