EscolasBaileTrad

Baile Iniciación

Actividade dirixida a aquelas persoas que teñen un nivel de iniciación ou queren comezar o contacto baile tradicional galego. Ao longo do curso aprenderán puntos básicos de muiñeira/xota e os correspondentes puntos de volta seguindo o ritmo da música, a colocación de brazos e corpo en xeral, a bailar en grupo, e a sacar puntos sinxelos.

Horario: Dúas opcións:

  • Martes de 18:00 a 19:30 
  • Mércores de 21 a 22:30. 

Lugar: Martes: CEIP Curros Enríquez.   Mércores: CEIP Eusebio da Guarda
Mestre: Tito Iglesias
Prezo mensual: 15 euros (socios/as*). Consulta os posibles descontos por 2ª e 3ª actividade. Non socios/as: 50 euros.
* A cota anual de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

Curso 2025/26 – PREME e INSCRÍBETE AGORA!

Baile multinivel

Ao longo da semana hai dúas posibilidades: os martes ou os sábados. Aínda que o ideal é que teñas coñecementos previos, se o horario de iniciación non se te axusta, acude a estas outras alternativas e fala co mestre.

Algúns dos contidos do curso serán: Práctica e execución dos bailes e danzas galegos. Recursos técnicos (puntos, voltas, picados, etc). Perfeccionamento na coordinación e colocación corporal. Distintos xeitos de interpretación do baile dependendo das comarcas naturais da Galiza. Emprego da improvisación para o desenvolvemento da creatividade. O movemento en relación coa intención expresiva. Participación en manifestacións relacionadas co baile para formarse na cultura tradicional e o desenvolvemento dun criterio artístico.

As dúas posibilidades de horario son as seguintes:

Grupo Martes:

Horario: Martes de 20:00 a 21:30. O anterior é o horario orixinal. Debido ao número de persoas inscritas, dividiuse o grupo nestes dous subgrupos: 

  • – 19:15 en adiante – Grupo máis enfocado á iniciación.
  • – 20:30 en adiante – Grupo máis enfocado á perfecionamento.

Lugar: CEIP Curros Enríquez (entrada por Rúa Hércules, porta metálica marrón)
Mestre: Xabier Espasandín

 

Grupo Sábados:

Horario: Sábados de 11:00 a 12:30
Lugar: Local da asociación. Rúa Santo Tomás 40. 
Mestre: Tito Iglesias


Prezo mensual: 15 euros (socios/as*). Consulta os posibles descontos por 2ª e 3ª actividade. Non socios/as: 50 euros.
* A cota anual de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

Curso 2025/26 – PREME e INSCRÍBETE AGORA!