Bailepandereta

A partir de 4 anos.

Os rapaces e rapazas aprenderán os bailes tradicionais máis coñecidos (muiñeira e xota fundamentalmente) intercalándoo coa aprendizaxe de pezas sinxelas tocadas coa pandeireta. Todo enmarcado nun entorno lúdico e de desfrute do baile e da música tradicional.

Horarios:
De 4 a 7 anos: 
  – Mércores: De 18:00 a 19:00 h. Local da rúa Valencia nº1.
De 4 anos en adiante:
  – Sábados Grupo 1: De 10:00 a 11:00. Local da rúa Santo Tomás nº 40.
  – Sábados Grupo 2: De 11:00 a 12:00. *Este grupo abrirase só en caso de ter suficientes nenas/os inscritas/os

* A configuración dos grupos do sábado irá en función do criterio pedagóxico da mestra, puidendo mesturar as idades segundo as necesidades de cada grupo/neno/a.

Lugar: Locais 1 e 2 da Asociación.
Mestras: Paula Espada e Cris Pérez

Prezo mensual: 15 euros (socios/as*). Consulta os posibles descontos por 2ª e 3ª actividade. Non socios/as: 50 euros.
* A cota anual de socio/a xuvenil de Son d’aquí son 2 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións durante o curso en función das necesidades do grupo

Curso 2025/26 – PREME e INSCRÍBETE AGORA!