EscolasGaita

Gaita Iniciación.

O curso de iniciación de gaita está pensado para a primeira toma de contacto con este instrumento e desenvolver no alumnado as habilidades musicais dun xeito natural e ameno.
Contarase cun pequeno repertorio de pezas sinxelas que se aprenderán durante o curso coa frauta. Estas pezas permiten a comprensión e asimilación de recursos propios da música de gaita, coma a articulación en base a picados e batementos.
Ademais do repertorio de frauta, nas aulas adícase un tempo a traballar técnicas propias da gaita coma o tempero e a afinación do ronco, para o que é recomendable, aínda que non imprescindible, contar con gaita propia.

Horario: Mércores. De 19 a 20 h (o horario pode sufrir algún pequeno cambio)
Lugar: CEIP Eusebio da Guarda
Mestre:  Ismael García
Prezo mensual: 15 euros (socios/as*). Consulta os posibles descontos por 2ª e 3ª actividade. Non socios/as: 50 euros.
* A cota anual de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

Curso 2026/27 – PREME e INSCRÍBETE AGORA!

Gaita Perfeccionamento.

Actividade dirixida a persoas que pusúan un dominio básico coa gaita. Profundizarase no reconocemento e comprensión métrica de ritmos básicos (muiñeira (6/8), xota e foliada (3/4), pasodobre (2/4) e na interpretación de pezas tanto en grupo como solista. Control da afinación, articulación, ornamentación e tempero. Ao longo do curso traballarase unha base de linguaxe musical que permita ler as partituras do curso.

Este grupo poderá coincidir en tempo e lugar co alumnado de percusión, polo que terán a posibilidade de interpretar pezas de forma conxunta.

Horario: Xoves. De 20:30 a 22 h. 
Lugar: CEIP Eusebio da Guarda
Mestre: David Paz
Prezo mensual: 15 euros (socios/as*). Consulta os posibles descontos por 2ª e 3ª actividade. Non socios/as: 50 euros.
* A cota anual de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

ATENCIÓN: Gaita Perfeccionamento comezará o xoves 24 de setembro.

Curso 2026/27 – PREME e INSCRÍBETE AGORA!