EscolasBaileTrad

Baile Iniciación

Actividade dirixida a aquelas persoas que teñen un nivel de iniciación ou queren comezar o contacto baile tradicional galego. Ao longo do curso aprenderán puntos básicos de muiñeira/xota e os correspondentes puntos de volta seguindo o ritmo da música, a colocación de brazos e corpo en xeral, a bailar en grupo, e a sacar puntos sinxelos.

Horario:

  • Martes de 18:00 a 19:15  – Xabier Espasandín (en sustitución de Tito Iglesias)
  • Mércores de 21 a 22:25. – Tito Iglesias

Lugar: Martes: CEIP Curros Enríquez.   Mércores: CEIP Eusebio da Guarda
Mestre:  Xabier Espasandín / outro mestre/a
Prezo mensual: 15 euros (socios/as*). Consulta os posibles descontos por 2ª e 3ª actividade. Non socios/as: 50 euros.
* A cota anual de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

Curso 2026/27 – PREME e INSCRÍBETE AGORA!

Baile Intermedio/Perfeccionamiento

Horario: Martes de 19:15 a 21:30. Nese espazo horario haberá dous subgrupos distribuídos segundo as necesidades e configurarase segundo o criterio do mestre.

Lugar: CEIP Curros Enríquez (entrada por Rúa Hércules, porta metálica marrón)
Mestre: Xabier Espasandín

Curso 2026/27 – PREME e INSCRÍBETE AGORA!

Baile multinivel

Aínda que o ideal é que teñas coñecementos previos, se o horario de iniciación non se te axusta, acude a esta clase e fala co mestre.

Grupo Sábados:

Horario: Sábados de 12:30 a 14 h.
Lugar: Local da asociación. Rúa Santo Tomás 40. 
Mestre: Xabier Espasandín (en sustitución de Tito Iglesias)