
A partir de 4 anos ata os 7 anos.
Os rapaces e rapazas aprenderán os bailes tradicionais máis coñecidos (muiñeira e xota fundamentalmente) intercalándoo coa aprendizaxe de pezas sinxelas tocadas coa pandeireta. Todo enmarcado nun entorno lúdico e de desfrute do baile e da música tradicional.
Horarios:
- Mércores: De 18:00 a 19:00 h. Local da rúa Valencia nº1.
- Sábados: De 10:00 a 11:00. Local da rúa Santo Tomás nº 40.
Lugar: Locais da Asociación.
Mestra: Cris Pérez
Prezo mensual: 15 euros (socios/as*). Consulta os posibles descontos por 2ª e 3ª actividade. Non socios/as: 50 euros.
* A cota anual de socio/a xuvenil de Son d’aquí son 2 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).
Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións durante o curso en función das necesidades do grupo.
Curso 2026/27 – PREME e INSCRÍBETE AGORA!







