O 12 de febreiro, asemblea da A.C. Son d’aquí.

Como xa saberedes os socios polo correo electrónico que vos enviamos, o vindeiro venres 12 de febreiro, ás 20.30 h, celebraremos a Asemblea Xeral Ordinaria da A.C. Son d’aquí no CEIP Sanjurjo de Carricarte no barrio de Montealto. Lembrámosvos unha vez máis o importante que é a participación de todos na asemblea, non só para coñecermos todos o que se fixo ao longo do pasado ano, senón tamén para presentar propostas e tomar decisións cara ao ano que principia. Con esta idea,  convidámosvos a presentardes calquera idea, proposta ou suxestión a través da ligazón que vos xuntamos no correo electrónico. Asimesmo, no correo poderedes atopar as claves para acceder á zona de socios desta mesma páxina e consultar documentación relacionada coa asemblea.

E coma sempre, logo da asemblea teremos uns pinchiños e organizaremos unha foliadiña á que podedes traer acompañantes. Non esquezades os instrumentos nin as zapatillas que hai que poñer en práctica o aprendido!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *