A partir 6 anos.
Actividade dirixida a nenas e nenos a partir dos 6 anos. Ao longo deste curso iniciaranse no teatro a través do xogo aprendendo a improvisar, traballar en grupo e tomar decisións. Creando mundos e personaxes reais ou imaxinarios. É un curso onde comunicarse e expresarse faise dun xeito divertido e creativo.
Horario: Luns. De 17 a 18 h.
Lugar: Local da Asociación (Monte Alto).
Mestra: Iria Arcos (de Entre patas Teatro)
Prezo mensual: 25 euros (socios/as*). Non socios/as: 55 euros.
* A cota anual de socio/a xuvenil de Son d’aquí son 2 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).
Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.
Curso 2026/27 – PREME e INSCRÍBETE AGORA!








