A partir de 16 anos.
Actividade dirixida a todas aquela persoas que lles guste o teatro, que queren actuar e subir ao escenario ou estar entre bambalinas traballando co vestiario, decorado, atrezo…
Colaboramos coa nosa cultura creando unha compañía de teatro afeccionado que pode poñer en escena obras de escritores galegos ou creacións do propio grupo. Trátase dunha actividade lúdica, social e cultural na que aprender a actuar, crear e expresarse.
Horario: MÉRCORES de 20:00 a 21:30.
Lugar: Local da Asociación – Rúa Valencia nº 1. Monte Alto.
Mestra: Manuela Varela (www.manuelavarela.com)
Prezo mensual: 30 euros (socios/as*). Non socios/as: 65 euros.
* A cota anual de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).
Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.
Esta escola precisa dun mínimo de 4 persoas inscritas para poder ofertarse.
Curso 2026/27 – PREME e INSCRÍBETE AGORA!








