O grupo de Música Popular Galega é un conxunto de voces e instrumentos que interpretan pezas populares do tipo coñecido xenericamente como “cantos de taberna”.
É unha actividade moi aberta, calquera persoa que queira participar pode facelo tanto cantando como tocando un instrumento.
Poden formar parte do grupo varios instrumentos melódicos (saxos, clarinetes, gaitas), harmónicos (acordeóns) e percusivos (pandeiretas, tamboril, bombo) ademais das voces.
Animámoste a probar!
Horario: Venres de 20 a 21:30 h.
Lugar: CEIP Eusebio da Garda (mentres duren as obras, será no local da asociación).
Mestre: Fernando Román
Prezo mensual: 13 euros (socios/as*). Non socios/as: 40 euros.
* A cota anual de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).
Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.