O grupo de Música Popular Galega é un conxunto de voces e instrumentos que interpretan pezas populares do tipo coñecido xenericamente como “cantos de taberna”.

É unha actividade moi aberta, calquera persoa que queira participar pode facelo tanto cantando como tocando un instrumento.

Poden formar parte do grupo varios instrumentos melódicos (saxos, clarinetes, gaitas), harmónicos (acordeóns) e percusivos (pandeiretas, tamboril, bombo) ademais das voces.

Animámoste a probar!

Horario: Venres de 20 a 21:30 h.
Lugar:  Local da asociación: Rúa Santo Tomás 40.
Mestre: Fernando Román
Prezo mensual: 20 euros (socios/as*). Non socios/as: 50 euros.
* A cota anual de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

PREME AQUÍ e INSCRÍBETE AGORA!