Un pack de clases para aprender as bases da linguaxe musical e dar os primeiros pasos na lectura de partituras, ao longo dun trimestre (de setembro a decembro).
Traballaremos a clave de sol e de fa, o solfexo, o ritmo, os ditados musicais e outros conceptos fundamentais para comprender e ler partituras básicas con seguridade.
Unha boa oportunidade para comezar a ler música desde cero e complementar as túas clases instrumentais! 🎶
Horario: Luns. De 16:30 a 17:30
Lugar: Local 2 da asociación: Rúa Valencia nº 1. Monte Alto.
Mestre: Gala Zavtur Gavrilov
Prezo mensual: 15 euros (socios/as*). Non socios/as: 60 euros.
* A cota anual de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).
Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.
A realización desta actividade estará supeditada a acadar o número mínimo de participantes necesario.
Curso 2026/27 – PREME e INSCRÍBETE AGORA!
PRAZAS LIMITADAS!








