Baner Campamento Son daqui

Atención ampliamos descontosInformación xeral

O campamento Son d’aquí ten como carácter distintivo estar enmarcado e organizado por unha asociación cultural na que o fomento, conservación e divulgación da cultura tradicional galega, en calquera das súas manifestacións, é un dos seus principais fins.

Perseguimos ofrecer unha experiencia lúdica e pedagóxica na que os nenos e nenas gocen do seu tempo de lecer, xunto con outros compañeiros e compañeiras, ao tempo que aprenden xogando con elementos relacionados coas diferentes artes da cultura galega.

A través do fío conductor que levará cada sesión do campamento, os rapaces e rapazas terán a oportunidade de crear novas amizades ao tempo no que aprenden valores tan importantes como compañeirismo, xenerosidade, respecto polos demais…

Vai dirixido a nenos e nenas a partir de 5 anos.

A dirección do campamento corre a cargo de Manuela Varela, actriz de televisión e teatro, e mestra das actividades de Xogo teatral e o Grupo de teatro Amador en Son d’aquí. Contará coa colaboración de Paula Espada, compoñente do grupo artístico de Son d’aquí.

Duración do campamento

O campamento desenvolverase de luns a venres e de 9 a 14 h. Comprenderá do luns 3 de agosto ao venres 4 de setembro. Non obstante, existe a posibilidade de inscribirse por semanas soltas. No caso de inscrición por semana, os periodos serán os seguintes:

  • Semana 1: Do 3 ao 7 de agosto. De 9 a 14 h.
  • Semana 2: Do 10 ao 14 de agosto. De 9 a 14 h.
  • Semana 3: Do 17 ao 21 de agosto. De 9 a 14 h.
  • Semana 4: Do 24 ao 28 de agosto. De 9 a 14 h.
  • Semana 5: Do 31 ao 4 de setembro. De 9 a 14 h.

Na asignación de prazas terán preferencia aqueles nenos e nenas que se inscriban no campamento íntegro.

Actividades

Ao longo das semanas de campamento, os nenos e nenas vivenciarán actividades de diversa índole:

  • Actividades de debuxo e pintura, a través das cales coñecerán a diferentes pintores galegos.
  • A música, cancións e contos da nosa terra terán unha presencia fundamental tanto en momentos lúdicos como de relaxación ou de concentración.
  • Práctica de xogos tradicionais e populares.
  • Actividades para potenciar a creatividade, desenvolver as capacidades sociais, axudar ao control dos sentimentos e despregar estratexias de negociación, empatía e axuda mutua.
  • Farase unha achega aos ritmos, sons e bailes tradicionais galegos, contido fundamental das escoliñas d’aquí, que tanto éxito teñen entre nenos e nenas.
  • A través do xogo dramático, crearanse personaxes e gozarán coa súa posta en escena, incluíndo música e danza.
  • Os xogos a través de ioga e outras actividades de respiración e relaxación que axudarán a activar a concentración, estimular a creatividade, fortalecer músculos e potenciar a flexibilidade.
  • E moito máis!

Sempre que o tempo o permita, os xogos serán ao aire libre nalgunha das prazas situadas ao lado do local da asociación.

Material necesario

Os nenos e nenas participantes do campamento deberán levar cada día o seguinte material:

  • Mascarilla.
  • Roupa e calzado cómodo que lle permita correr, saltar e xogar (tamén na rúa).
  • Un par de calcetíns cómodos para poder descalzarse.
  • Unha toalla (para tumbarse sobre ela).
  • Un botellín de auga identificado co nome do neno/a.
  • Merenda para media mañá, nun recipiente ou bolsa marcada co nome do neno/a.

Prazas

O campamento dispón dun máximo de 15 prazas para nenos e nenas a partir de 5 anos. Terán preferencia os/as nenos/as socios/as e aqueles/as que se inscriban no campamento enteiro.

Custo e descontos

O custo dependerá do número de semanas nas que se faga a inscrición. A continuación tedes unha taboa cos descontos exclusivos deste verán, tanto para socios como para non socios.

Prezos do campamento Son d'aquí

Prezos por semana do valor do campamento e os descontos para socios/as e non socios/as.

No caso de irmáns que coincidan temporalmente no campamento, cada un terá un desconto de 5 euros por semana na que se inscriba.

Forma de pago

A través de ingreso ou transferencia ao número de conta que se facilitará recibida a inscrición a través do formulario.

Medidas de seguridade COVID-19

A continuación tedes as medidas de seguridade COVID19 que se tomarán cada día:

  • Control de temperatura á chegada (deberá ser inferior a 37º).
  • Sinatura diaria dunha declaración xurada de non ter ningún síntoma relacionado co COVID-19 nin contacto con outra persoa infectada.
  • Uso de hidroxel á chegada e nos momentos no que se estime necesario.
  • Máscara obrigatoria, excepto cando se poida manter a distancia de seguridade.
  • Lavado de mans cada 2 h ou nos momentos necesarios.
  • Distancia de seguridade durante a merenda.
  • Limpeza e desinfección do material utilizado.

Inscrición e documentación a achegar:

Para inscribirse, é necesario cumplimentar o seguinte formulario: Inscrición.

Ademais, antes do comezo do campamento deberás entregar un documento de declaración xurada asinada. Ver documento.

Podes entregala o primeiro día de campamento ou o día da reunión de presentación. Tamén podes adiantarnos unha foto da declaracióne enviárnola a secretaria@sondaqui.gal,

Reunión coa directora do campamento:

O venres 31 de xullo ás 16:00 h. celebrarase unha reunión coas familias inscritas ou interesadas, co fin de presentar o campamento, darvos a información necesaria sobre o desenvolvemento deste e aclarar dúbidas. Esta reunión será no local da asociación (Rúa Santo Tomás 40, Monte Alto). Poderedes nesta reunión entregar a declaración xurada e a folla de autorizacións de recollida dos menores.

 

Cartel Campamento Son daqui