EscolasBaileTrad

Baile Iniciación.

Actividade dirixida a aquelas persoas que teñen un nivel de iniciación ou nunca tiveron contacto baile tradicional galego. Ao longo do curso aprenderán puntos básicos de muiñeira/xota e os correspondentes puntos de volta seguindo o ritmo da música, a colocación de brazos e corpo en xeral, a bailar en grupo, e a sacar puntos sinxelos.

Horario: Martes de 18:00 a 19:30
Lugar: CEIP Torre de Hércules (Plaza de San Xosé s/n – 15002)
Mestra: Tito Iglesias
Prezo mensual: 13 euros (socios/as*). Consulta os posibles descontos por 2ª e 3ª actividade. Non socios/as: 40 euros.
* A cota anual de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

PREME AQUÍ e INSCRÍBETE AGORA!

Baile (multinivel)

Ao longo da semana hai dúas posibilidades: os martes ou os sábados. En ambos casos adaptable a calquera nivel (iniciación ou perfeccionamento).

Algúns dos contidos do curso serán: Práctica e execución dos bailes e danzas galegos. Recursos técnicos (puntos, voltas, picados, etc). Perfeccionamento na coordinación e colocación corporal. Distintos xeitos de interpretación do baile dependendo das comarcas naturais da Galiza. Emprego da improvisación para o desenvolvemento da creatividade. O movemento en relación coa intención expresiva. Participación en manifestacións relacionadas co baile para formarse na cultura tradicional e o desenvolvemento dun criterio artístico.

As dúas posibilidades de horario son as seguintes:

Grupo Martes:

Horario: Martes de 20:00 a 21:30
Lugar: CEIP Curros Enríquez (entrada por Rúa Hércules, porta metálica marrón)
Mestre: Xabier Espasandín

Grupo Sábados:

Horario: Sábados de 11:00 a 12:30
Lugar: CEIP Curros Enríquez (entrada por Rúa Hércules, porta metálica marrón)
Mestre: Tito Iglesias

O alumnado poderá ser distribuído polo mestre en cada grupo en base a criterios pedagóxicos.