banner_xogo_teatral

Por mor da situación sanitaria, este curso escolar precisamos que colaboremos todos e todas no cumplimento das normas de seguridade COVID-19

En función das recomendacións das autoridades sanitarias, as clases poderanse subdividir en grupos máis reducidos, modificando se é preciso o horario ou duración da actividade.

Grazas de antemán. 

A partir 6 anos. 

Actividade dirixida a nenas e nenos a partir dos 6 anos. Ao longo deste curso iniciaranse no teatro a través do xogo aprendendo a improvisar, traballar en grupo e tomar decisións. Creando mundos e personaxes reais ou imaxinarios. É un curso onde comunicarse e expresarse faise dun xeito divertido e creativo.

Horario: Os luns de 17:00 a 18:00.
Lugar: Local da Asociación. Rúa Santo Tomás nº 40 (MonteAlto)
Mestra: Manuela Varela (www.manuelavarela.com)
Prezo mensual: 20 euros (socios/as*). Non socios/as: 35 euros.

* A cota anual de socio/a xuvenil de Son d’aquí son 2 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

PREME AQUÍ e INSCRÍBETE AGORA!