Voltan as Escolas d’aquí

Remata un verán cheo de actuacións para o grupo artístico da A.C. Son d’aquí e comezan a bulir as Escolas d’aquí. Este ano coa novidade das Escoliñas, coas que queremos ir facendo canteira e incorporar aos máis cativos ao mundo da música e o baile tradicional galegos. As clases xa principian esta semana, e ao longo do mes de setembro serán de balde para todos os que aínda non o teñades claro e queirades probar. Impartirase baile tradicional, gaita, pandeireta, percusión e clarinete, no local social da rúa Valencia ou no colexio Eusebio da Guarda, segundo a actividade a desenvolver. Deixámosvos un cadriño cos horarios, e para calquera dúbida podedes chamarnos ao 717 700 814 ou contactardes connosco dende esta mesma páxina.

Vémonos nas escolas!!!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *