Técnica vocal aplicada ao canto tradicional (obradoiro)

ATENCIÓN!! PRAZAS ESGOTADAS PARA O 18 DE MARZO e TAMÉN PARA O 8 DE ABRIL!

O próximo sábado 18 de marzo celebraremos un obradoiro de técnica vocal aplicada ao canto tradicional como complemento á nosa oferta formativa relacionada coa música tradicional galega.

Impartido por Xela Conde Fernández, bailadora, pandereteira, música e mestra de grande traxectoria. Actualmente forma parte do equipo de mestres da ETRAD (escola municipal de música folk e tradicional), impartindo materias como Ritmos e xéneros do canto tradicional, Coro e canto tradicional, Linguaxe musical…

O obradoiro ten como destinatarias todas aquelas persoas que empreguen a súa voz para o canto e queiran mellorar, correxir ou conseguir máis recursos para a fonación. 

Obxectivo
Aprender unha serie de recursos para corrixir determinados erros de fonación e para optimizar e mellorar a nosa forma de cantar.

Contidos 

  • Tonicidade e postura corporal
  • A respiración e o apoio
  • Organoloxía
  • Vocalización e prequencemento. Preparándonos para cantar
  • Proxección e calidades de voz
  • Técnica e tesitura
  • Desinhibición e expresión
  • Ornamentación
  • Exercicións vocais grupais

Xa está aberto o prazo de preinscrición. As inscricións realizaranse enviando un correo electrónico a secretaria@sondaqui.gal, indicando nome e apelidos, correo electrónico e número de teléfono. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición (tendo preferencia os socios e socias de Son d’aquí). Poñerémonos en contacto coas persoas que obteñan praza a través do mesmo correo.

Para máis información, escribide a secretaria@sondaqui.gal

Prezo para socios/as: 25 euros
Prezo para non socios/as: 35 euros.

ATENCIÓN!! PRAZAS ESGOTADAS PARA O 18 DE MARZO e TAMÉN PARA O 8 DE ABRIL!

2 reflexións sobre “Técnica vocal aplicada ao canto tradicional (obradoiro)

  1. Mar Doce

    Me gustaría ir al obradoiro pero tengo algo de reparo, no tengo mucha voz pero quisiera aprender.
    Espero no ser mayor, por si va dirigido a gente joven.

    Responder
  2. Son d'aquí

    Bo día Mar
    As prazas para o 18 de marzo xa están agotadas. Non obstante, estamos vendo con Xela a posibilidade de repetilo outro día no mes de abril.
    Non importa a túa idade! As técnicas que se van ver poden servir tanto para cantar como para o bo uso da voz máis aló do canto.
    Unha aperta,

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *