Arquivos da etiqueta: son d’aqui

A nosa primeira actuación.

O pasado día 2 de abril, Xoves Santo, Son d’aquí participou a través da súa charanga tradicional na Sesión Vermú do Serán do Sor no Barqueiro, nunha actuación moi especial para todos. Para a historia da asociación quedan “O Galo d’Ouro” como a primeira peza que se tocou, no pasarrúas previo, e “Paseando por Cecebre”

Son d’aquí xa é .gal !!!

Como xa vos decatariades, a partir de onte, trocamos a extensión da web de Son d’aquí polo .gal . Este dominio, aberto ao rexistro libre dende o 2 de decembro do 2014, forma parte do sistema de dominios da internet patrocinados e é específico para páxinas relacionadas coa lingua e cultura galegas. Conscientes da importancia de facer