Arquivos da etiqueta: son d’aqui

O Entroido de Samede e Son d’aquí

Un dos proxectos máis bonitos e gratificantes nos que está agora mesmo involucrado Son d’aquí é a recuperación do Entroido de Samede. Samede é un lugar da parroquia de San Xiao de Vigo, no concello de Paderne, perto da Coruña. Un día, na escola de Paderne mandaron os nenos facer unha pescuda sobre tradicións e

Asemblea Ordinaria 2017

Como xa vén sendo tradicional principiamos o ano en Son d’aquí coa asemblea anual ordinaria da asociación. Nela falaremos do estado da entidade, do traballo da directiva, das distintas comisións que existen e o traballo que desenvolven, das contas, dos logros acadados en 2016, dos obxectivos para este ano que comezamos… En Son d’aquí presumimos

Bo Nadal e Ventureiro Aninovo!!!

Dende Son d’aquí queremos desexarvos unhas boas festas en boa compaña e con moita foliada. Tamén, agradecervos este ano de traballo, esforzo, participación…e troula, por suposto, que haber, houbo tempo para todo. Que o 2017 nos traia o dobre da felicidade e a metade das penas deste 2016 que esmorece; moito baile e moita música

Hoxe estamos de festa!!!

Adiouse o conto, pero ao final todo acaba por chegar: Hoxe celebramos o segundo aniversario de “Son d’aquí” (por fiiiin!!!). Alumnos, mestres, grupos artísticos, socios amigos, amigos, amigos consortes, “o curmán de La Almunia de Doña Godina que teño na casa pasando uns días e non sabía que facer con el”….vémonos todos no “Sanjurjo de

E xa van dous anos!!!

Este sábado pasado, o 27 de agosto, na A.C. Son d’aquí cumprimos dous anos. A efeméride cadrou coa primeira actuación de baile na nosa cidade, na Praza de Vigo da Coruña, dentro da edición especial do programa municipal “Árdelloeixo” co gallo da celebración da Romaría de Sta. Margarida. Non había mellor xeito de celebrar o

Nova foliadiña de “Árdelloeixo”

O vindeiro sábado 9 de abril, a partir das 12.30, celebrarase unha foliadiña na rúa Barcelona dentro do programa “Árdelloeixo” do Concello da Coruña, do que Son d’aquí forma parte. Desta volta, os encargados de organizala somos nós e queremos encher a rúa Barcelona de música e baile tradicional. Por iso, collede os instrumentos, atade

Son d’aquí, de novo no Serán do Sor

Case un ano despois da nosa primeira actuación no Serán do Sor do ano 2015, os nosos amigos da A.C. “O Son do Sor”, volveron convidarnos ao Barqueiro para participarmos no serán deste ano, onde presentaban a súa nova “Orquestra de Gaitas de Fol e Percusión”.Coma sempre,  tratáronnos coma reis, unha gozada tocar no Barqueiro

O 12 de febreiro, asemblea da A.C. Son d’aquí.

Como xa saberedes os socios polo correo electrónico que vos enviamos, o vindeiro venres 12 de febreiro, ás 20.30 h, celebraremos a Asemblea Xeral Ordinaria da A.C. Son d’aquí no CEIP Sanjurjo de Carricarte no barrio de Montealto. Lembrámosvos unha vez máis o importante que é a participación de todos na asemblea, non só para

Son d’aquí no Repichocón de Cariño

Metidos de cheo nas actuacións do verán, despois de pasar por lugares como Paderne, Sigüeiro ou A Coruña, o vindeiro sábado 8 de agosto, participaremos no Repichocón de Cariño organizado polos nosos amigos da A.F. San Xiao do Trebo. Foliada libre, baile, actuacións…Planazo!!!  😉 Agardamos vervos por alí e botar uns bailes todos xuntos.