Son d’aquí no Serán do Sor.

O vindeiro Xoves Santo, 2 de abril, Son d’aquí participará no Serán do Sor que se celebra no Barqueiro (A Coruña). Á parte do pracer que sempre é achegarse ao Barqueiro, esta actuación é moi importante para nós ao ser a primeira na breve historia da nosa asociación. A charanga tradicional é un dos grupos que tocará e cantará a partir das 13.00 h na sesión vermú e xa á noitiña, a partir das 20.00h, o grupo de gaitas tomará parte no serán propiamente dito. Malia a distancia e estarmos de cheo na Semana Santa, agardamos vervos a algúns por aló e compartirmos xuntos un momento tan importante na vida de Son d’aquí. Boas vacacións!!!

Unha reflexión sobre “Son d’aquí no Serán do Sor.

  1. eu

    estiven no barqueiro e teño que decir que foi unha actuación preciosa.
    Seguide traballando. Estades no vo camiño!!!
    Grazas por facerme disfrutar

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *