Son d’aquí na Foliada de Cecebre

E despois do Serán do Sor, a Foliada de Primavera en Cecebre (Cambre, A Coruña). Esta noite, a partir das 22.30 h, andaremos tocando na terra dos Señores D’abondo, por onde vaga a alma en pena de Fiz de Cotovelo, o bandido Fendetestas axexa ao cura da parroquia e as árbores senten envexa dos postes do telégrafo; pois nos achegaremos, nin máis nin menos, ata o lugar onde Wenceslao Fernández Flórez sitúa a acción d’O Bosque Animado. Agardamos vervos logo nesa terra máxica e literaria esta mesma noite e botar uns bailiños como facía cando saía de festa Hermelinda, o amor imposíbel de Xeraldo, o poceiro coxo. Sede puntuais e chegade ao pouco de que Abrenoite principie a ronda, pois abrimos nós a actuación ás 22.30.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *