Son d’aquí, de novo no Serán do Sor

Case un ano despois da nosa primeira actuación no Serán do Sor do ano 2015, os nosos amigos da A.C. “O Son do Sor”, volveron convidarnos ao Barqueiro para participarmos no serán deste ano, onde presentaban a súa nova “Orquestra de Gaitas de Fol e Percusión”.Coma sempre,  tratáronnos coma reis, unha gozada tocar no Barqueiro e unha foliada marabillosa. Moitas grazas a todos.

12795153_990000591093450_1296769677030798809_o

Despois de ficar a durmir en Mañón, ao día seguinte, a sección musical volvimos coller os instrumentos e fomos á Festa do Polbo de Espasante, onde estivemos amenizando a mañá por diversos bares da vila.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *