18700524_679730995547076_7317771629545513370_o

Principiamos o verán co Serán d’aquí.

O tempo vai pasando e cando nos decatamos, xa estamos principiando o verán. Un verán que para Son d’aquí vai ser moi especial, pois, ademais das actuacións de non parar destas datas, por primeira vez o noso grupo artístico viaxará fóra para representar a Galiza no Festival Interfolk de Le Puy-en-Velay (Francia).

Pero antes diso, o vindeiro sábado día 1 de xullo, celebraremos o noso xa tradicional “Serán d’aquí” na Praza dos Avós do Barrio de Monte Alto, na Coruña. Estes días, a asociación é unha fervedoira preparando todo para vos ofrecer outro serán difícil de esquencer: a Merce coa cervexa, o Xesús cos grupos, a Tamara coa comida, a Sara cos agasallos, a Mar con mil cousas á vez…e moita outra xente botando unha man ou ofrecéndose para botala o día do Serán…. Ah!…e a Elvira coordinando e pensando que quen lle mandaría meterse neste xardín… Andamos preparando ruadas polo barrio, sesión vermú, xogos, obradoiros, sorteos, actuacións, foliada libre….Un serán enxebre, de toda a vida, e unha magnífica opción, outro ano máis, para pasar un día divertido coa familia.

Animádevos a pasar e botar unhas bailas connosco!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *