EscoliñasPercusion

A partir de 6 anos.

Esta actividade irá dirixida os máis cativos da casa, eses pequenos músicos que sintan a curiosidade da música tradicional e lles guste trastear coas mans.

Durante o curso aprenderemos a recoñecer os ritmos básicos da música tradicional galega, así como a familiarizarnos coa familia de instrumentos que a compoñen. Todo isto mediante unha dinámica de xogos prácticos na que os nenos e nenas divertiranse ao mesmo tempo que aprenden.

Sempre que sexa posible, o alumnado deberá levar o seu propio material (baquetas…).

Horario: Venres. De 18 a 19 h.
Lugar: Local da Asociación. Rúa Santo Tomás nº 40 (Monte Alto)
Prezo mensual: 11 euros (socios/as *). Non socios/as: 40 euros.

* A cota anual de socio/a xuvenil de Son d’aquí son 2 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais)

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

PREME AQUÍ e INSCRÍBETE AGORA!


OBSERVACIÓNS COVID:

Por mor da situación sanitaria, este curso escolar precisamos que colaboremos todos e todas no cumplimento das normas de seguridade COVID-19

En función das recomendacións das autoridades sanitarias, as clases poderanse subdividir en grupos máis reducidos, modificando se é preciso o horario ou duración da actividade.

Grazas de antemán.