PercusionDita actividade vai dirixida a persoas con mínimo coñecemento á hora de interpretar os ritmos básicos da música tradicional galega (Muiñeira, Xota, Pasodoble e Rumba). Durante o ano profundizarase no recoñecemento e comprensión de ditos ritmos así como na aprender a interpretarlos da mellor maneira adaptándose a cada peza.
A actividade está dirixida á aprendizaxe destes ritmos con tambor tradicional e bombo.
Facendo fincapé no tempo, intensidade… Será frecuente unirse co grupo de gaita do mesmo nivel para coller confianza a hora de interpretar pezas en grupo.

Duración: 1 hora e 30 min.
Horario: Xoves de 19:00 a 20:30. 
Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.
Lugar: Local da Asociación. Rúa Valencia nº 4 (MonteAlto)
Mestre: Serxio Pérez
Prezo mensual: 11 euros (socios/as*). Non socios/as: 20 euros.

* A cota de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (cota semestral)

PREME AQUÍ e INSCRÍBETE AGORA! Setembro de balde!