Pandeireta

Pandeireta Luns (Iniciación).

Actividade dirixida a persoas que comezades de cero coa pandeireta. Ao longo do curso aprenderedes os ritmos básicos de muiñeira, xota, maneo e pasodobre e dos seus adornos elementais, así como acompañar coa voz ao tempo que tocades pezas sinxelas.

Horario:  Luns. De 20:00 a 21:30.
Lugar: CEIP Curros Enríquez (entrada lateral por R/ Hércules s/n). 
Mestre: Tito Iglesias
Prezo mensual: 13 euros (socios/as*). Consulta os posibles descontos por 2ª e 3ª actividade. Non socios/as: 40 euros.
* A cota anual de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

PREME AQUÍ e INSCRÍBETE AGORA!

Pandeireta Martes (precísanse coñecementos previos)

REABERTO GRUPO.

Actividade dirixida a persoas que xa tiveron algún contacto coa pandeireta.

Horario:
GRUPO 1: Os martes de 19:30 a 20:30.
GRUPO 2: Os martes de 20:30 a 21:30,
(A pertenza a un grupo ou outro corre a cargo do mestre, Tito Iglesias. Se te inscribes por primeira vez ao grupo, asiste en primeiro lugar ao grupo das 19:30 para que valore o grupo máis adecuado.)

Lugar: Local da Asociación. Rúa Santo Tomás nº 40 (Monte Alto)
Mestre: Tito Iglesias
Prezo mensual: 13 euros (socios/as*). Consulta os posibles descontos por 2ª e 3ª actividade. Non socios/as: 40 euros.
* A cota anual de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

PREME AQUÍ e INSCRÍBETE AGORA!

Pandeireta Xoves (preferentemente perfeccionamento).

Esta actividade está orientada a persoas iniciadas no manexo básico da pandeireta e coñecedores dos ritmos máis comúns na música tradicional (muiñeira, xota/maneo, pasodobre). Nesta actividade, aprenderedes novos ritmos (valse, rumba…), pezas cantadas con ornamentos complexos, a acompañar á gaita coa pandeireta e, fundamentalmente, a adquisición das capacidades necesarias para participar activamente en foliadas, seráns, etc. Todo isto nun ambiente distendido e procurando como obxectivo básico o desfrute do alumnado.

Horario: Os xoves de 20:00 a 21:30. 
Lugar: Local da Asociación. Rúa Santo Tomás nº 40 (Monte Alto)
Mestra: Elba Rodríguez