Pandeireta

Por mor da situación sanitaria, este curso escolar precisamos que colaboremos todos e todas no cumplimento das normas de seguridade COVID-19. Igualmente será importante que intentemos coidar dos espazos onde se desenvolvan as aulas: local da asociación ou centros educativos. Especialmente nestes últimos rogamos a colaboración do alumnado na desinfección posterior do material ou mobiliario utilizado.

En función das recomendacións das autoridades sanitarias, as clases poderanse subdividir en grupos máis reducidos, modificando se é preciso o horario ou duración da actividade.

Moitas grazas de antemán.

Pandeireta Martes (Iniciación).

Actividade dirixida a persoas que comezades de cero coa pandeireta. Ao longo do curso aprenderedes os ritmos básicos de muiñeira, xota, maneo e pasodobre e dos seus adornos elementais, así como acompañar coa voz ao tempo que tocades pezas sinxelas.

Horario: Os martes de 20:00 a 21:30.
Lugar: CEIP Curros Enríquez. Entrada pola porta lateral da escola de música (Rúa Hércules s/n)
Mestre: Tito Iglesias
Prezo mensual: 11 euros (socios/as*). Non socios/as: 20 euros.

* A cota anual de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

PREME AQUÍ e INSCRÍBETE AGORA!
PRAZAS LIMITADAS!

Pandeireta Sábados (precísanse coñecementos previos)

Actividade dirixida a persoas que xa tiveron algún contacto coa pandeireta.

Horario: Os sábados de 12:45 a 14:15.
Lugar: Local da Asociación. Rúa Santo Tomás nº 40 (MonteAlto)
Mestre: Tito Iglesias
Prezo mensual: 11 euros (socios/as*). Non socios/as: 20 euros.

* A cota anual de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

PREME AQUÍ e INSCRÍBETE AGORA!
PRAZAS LIMITADAS!

Pandeireta Xoves (preferentemente perfeccionamento).

Esta actividade está orientada a persoas iniciadas no manexo básico da pandeireta e coñecedores dos ritmos máis comúns na música tradicional (muiñeira, xota/maneo, pasodobre). Nesta actividade, aprenderedes novos ritmos (valse, rumba…), pezas cantadas con ornamentos complexos, a acompañar á gaita coa pandeireta e, fundamentalmente, a adquisición das capacidades necesarias para participar activamente en foliadas, seráns, etc. Todo isto nun ambiente distendido e procurando como obxectivo básico o desfrute do alumnado.

Horario: Os xoves de 21:30 a 23:00. 
Lugar: CEIP Eusebio da Garda (Plaza Pontevedra)
Mestra: Elba Rodríguez