Cartel_seran_REDES

O Serán d’aquí ponse en marcha!!!

Despois dun tempiño matinando a idea de organizar algo no barrio que nos acolle, e unha vez reunidos co Concello da Coruña, que se ofreceu a colaborar e apoiar o evento, podemos anunciarvos a celebración o sábado 27 de xuño do “Serán d’aquí” na Praza dos Avós, no Barrio de Montealto, non moi lonxe de onde temos a sede da asociación. Ao longo dese día organizaremos diversas actividades, como pasarrúas, xogos ou obradoiros, das que xa vos iremos informando polo miúdo, para rematar a xornada bailando e tocando nunha foliada aberta a todos os músicos e bailadores tradicionais que se queiran achegar.

Ide reservando un oco na axenda que nos vemos o 27 de xuño!!!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *