Nova foliadiña de “Árdelloeixo”

O vindeiro sábado 9 de abril, a partir das 12.30, celebrarase unha foliadiña na rúa Barcelona dentro do programa “Árdelloeixo” do Concello da Coruña, do que Son d’aquí forma parte. Desta volta, os encargados de organizala somos nós e queremos encher a rúa Barcelona de música e baile tradicional. Por iso, collede os instrumentos, atade as zapatillas e achegádevos por alí. Queremos unha festa participativa, que ademais de virdes á foliada, que fagades a foliada connosco. Pouco mirar e moito tocar, cantar ou bailar, esa é a idea.

Agardámosvos na festa!!!

ardelloeixo_04

2 reflexións sobre “Nova foliadiña de “Árdelloeixo”

  1. Mar Doce

    É a primeira vez que intentamos apuntarnos a unha foliada. Preguntábame si poderíamos apuntarnos, un pequeno grupo de 4 ó 6 persoas, para participar na foliadiña da rúa Barcelona.

    Moitas grazas

    Responder
    1. AC Son d'aquí

      Boas!!!
      Sen problema ningún!!! Ao revés, queremos facer a festa o máis participativa posible e agradecémosvos que tomedes parte. Iso si, tende en conta que a foliadiña como tal será de 12.30 a 14.30 ou 15.00 máis ou menos, en función da xente que haxa. Dígoo porque quizais limitemos o tempo, ou se houbese moita xente, pode que organizásemos varias foliadiñas ao longo da rúa Barcelona. Iremos vendo. Vós achegádevos e preguntade a calquera que leve unha camiseta de Son d’aquí e xa vos dirán.
      Vémonos o sábado!!!

      Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *