“Habemus” local !!!

Pasiño a pasiño, con moito traballo, ganas e ilusión seguimos a construír “Son d’aquí”. Hoxe aprácenos anunciarvos que xa temos un local para a sede da asociación que nos vai permitir ampliar as nosas actividades e o público ao que van dirixidas. Despois duns días preparándoo e acondicionándoo minimamente xa está disposto para encomezar a acoller clases e ensaios dos que vos iremos informando. Está localizado no corazón do barrio de Montealto, un dos máis senlleiros da Coruña, no número 4 da rúa Valencia.

Vémonos por alí!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *