EscoliñaGaita

A partir de 6/7 anos

As clases estarán adaptadas tanto a alumnado que parte de cero como a aqueles rapaces/as que queiran mellorar a súa competencia musical coa gaita. Para os que comezan, empezarase coa aprendizaxe da dixitación en frauta, aprenderán a interpretar pezas sinxelas e coñecerán a fondo o instrumento (partes da gaita, a súa función,…). Para aqueles que xa teñen coñecementos, adaptaranse as clases ao seu nivel e punto de partida para adquirir novas competencias e ir enriquecendo o seu repertorio. Ao longo do curso irase introducindo aspectos básicos de linguaxe musical.

Gaita:

Dirixido a aqueles nenos e nenas que se inician coa frauta ou que están a consolidar a aprendizaxe da dixitación no instrumento, ou aqueles que posúen xa certa competencia musical coa gaita. Aínda que preciso dispoñer de frauta e/ou gaita propia, na asociación temos algún material para prestar nas primeiras fases de aprendizaxe.

Horario: Venres. De 19 a 20 h.
Lugar: Local da Asociación. Rúa Santo Tomás nº 40 (Monte Alto)).
Mestre: David Paz

Prezo mensual: 13 euros (socios/as*). Consulta os posibles descontos por 2ª e 3ª actividade. Non socios/as: 40 euros.
* A cota anual de socio/a xuvenil de Son d’aquí son 2 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

PREME AQUÍ e INSCRÍBETE AGORA!