EscoliñaGaitaA partir de 8 anos

As clases estarán adaptadas tanto a alumnado que parte de cero como a aqueles rapaces/as que queiran mellorar a súa competencia musical coa gaita. Para os que comezan, empezarase coa aprendizaxe da dixitación en frauta, aprenderán a interpretar pezas sinxelas e coñecerán a fondo o instrumento (partes da gaita, a súa función,…). Para aqueles que xa teñen coñecementos, adaptaranse as clases ao seu nivel e punto de partida para adquirir novas competencias e ir enriquecendo o seu repertorio. Ao longo do curso irase introducindo aspectos básicos de linguaxe musical.

Duración: 1 hora.
Horario:
– Grupo 1: Os xoves de 18 a 19 h.
– Grupo 2: Os mércores de 18:45 a 19:45 h. (este grupo combina a clase coa escoliña de percusión).
Lugar: Local da Asociación. Rúa Valencia nº 4 (MonteAlto)
Prezo mensual: 11 euros (socios/as * ). Non socios/as: 20 euros.
* A cota de socio/a xuvenil de Son d’aquí son 2 euros/mes (cota semestral)

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

PREME AQUÍ e INSCRÍBETE AGORA! Setembro de balde!