EscolasGaita

Gaita Mércores (multinivel).

Este grupo adaptarase ao nivel do alumnado inscrito, teña ou non experiencia co instrumento.

O curso de iniciación de gaita está pensado para a primeira toma de contacto con este instrumento e desenvolver no alumnado as habilidades musicais dun xeito natural e ameno.
Contarase cun pequeno repertorio de pezas sinxelas que se aprenderán durante o curso coa frauta. Estas pezas permiten a comprensión e asimilación de recursos propios da música de gaita, coma a articulación en base a picados e batementos. Ademáis do repertorio de frauta, nas aulas adícase un tempo a traballar técnicas propias da gaita coma o tempero e a afinación do ronco, para o que é recomendable, aínda que non imprescindible, contar con gaita propia.

Para os que queiran perfeccionar a técnica co instrumento, profundizarase no reconocemento e comprensión métrica de ritmos básicos (muiñeira (6/8), xota e foliada (3/4), pasodobre (2/4) e na interpretación de pezas tanto en grupo como solista. Control da afinación, articulación, ornamentación e tempero.

Horario: Os mércores de 20:00 a 21:30.
Lugar: CEIP Curros Enríquez (entrada por R/ Hércules)
Mestre: Fernando Román
Prezo mensual: 13 euros (socios/as*). Consulta os posibles descontos por 2ª e 3ª actividade. Non socios/as: 40 euros.
* A cota anual de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

PREME AQUÍ e INSCRÍBETE AGORA!

Gaita Perfeccionamento.

Actividade dirixida a persoas que pusúan un dominio básico coa gaita. Profundizarase no reconocemento e comprensión métrica de ritmos básicos (muiñeira (6/8), xota e foliada (3/4), pasodobre (2/4) e na interpretación de pezas tanto en grupo como solista. Control da afinación, articulación, ornamentación e tempero. Ao longo do curso traballarase unha base de linguaxe musical que permita ler as partituras do curso.

Este grupo coincidirá en tempo e lugar co alumnado de percusión, polo que terán a posibilidade de interpretar pezas de forma conxunta.

Horario: Xoves de 20:00 a 21:30.
Lugar: CEIP Eusebio da Guarda (Praza de Pontevedra)
Mestre: David Paz
Prezo mensual: 13 euros (socios/as*). Consulta os posibles descontos por 2ª e 3ª actividade. Non socios/as: 40 euros.
* A cota anual de socio/a de Son d’aquí son 4 euros/mes (a cota divídese en dous pagos semestrais).

Os horarios das escolas poden sufrir lixeiras variacións en función das necesidades do grupo.

PREME AQUÍ e INSCRÍBETE AGORA!